formación

 
CONFERENCIA SOBRE ARTE CONTEMPORÁNEA

De Castelao a Maruja Mallo: As Vangardas Históricas galegas

Excelente acollida da primeira conferencia sobre arte contemporánea impartida por Arte en Tránsito.

O sábado 29 de outubro a asociación Arte en Tránsito impartiu unha conferencia para Xenciana - Asociación de Amigos de Cabeza de Manzaneda. O tema elixido foi De Castelao a Maruja Mallo: as Vangardas Históricas galegas.

O programa incluía un percorrido pola pintura galega da primeira metade do s.XX, comezando cunha breve introdución ás vangardas europeas e aos artistas tradicionais galegos como Sotomayor, e continuando coa obra de Castelao, indiscutible precursor do movemento renovador da arte galega. As tendencias de Vangarda en Galicia constituíron o núcleo da conferencia, explicando a vida e obra dos artistas Álvaro Cebreiro, Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Carlos Maside, Luis Seoane, Laxeiro, Urbano Lugrís, Maruja Mallo e Eugenio Granell.

Agradecemos a todos os participantes o interese mostrado e o excelente trato recibido.