nas escolas

A primeira etapa do proxecto de Arte en Tránsito para o  CEIP Chancelas chega o seu fin, despois de moito traballo e cariño.

Este é un vídeo-resumo elaborado polo CEIP de Chancelas (Poio, Pontevedra), nel amósase todo o traballo de mestres e alumnos durante o curso 2011-2012 sobre a arte contemporánea.
Desde a asociación queremos agradecerlles a boa acollida que tivo o noso primeiro proxecto e que participasen tan activamente nel desde o primeiro momento.

Como acto de clausura de Arte en Tránsito nas escolas, o xoves 3 de maio ás 12.30 horas, terá lugar a activación do xogo O mapa das illas.